venres, 16 de decembro de 2022

CHARLA DO CLUBE DE MONTAÑA PEÑA TREVINCA

Hoxe tivemos unha charla na biblioteca dentro do noso proxecto Montañas: Cabuxas do Pondal. Esta vez visitáronnos Lois e Cristina, do club Peña Trevinca, un dos máis grandes e experimentados clubes de montañismo de Galicia. Faláronnos de montañas, de montañeiros, da grande variedade de deportes que podemos facer na montaña, de seguridade, do coidado do medio ambiente, e traéronnos un montón de material usado no pasado e na actualidade. Foi unha charla moi interesante e variada  e aos peques encantoulles tocar e probar todo o material. No seu club ofrecen un montón de actividades para poder desfrutar da montaña tanto para adultos como para nenos. 

















 

Ningún comentario:

Publicar un comentario