sábado, 29 de outubro de 2022

DÍA DE SAMAÍN NO COLE

Subo algunhas fotos deste día para que o vosos peques vos conten o día tan especial que tiveron! Contacontos, túnel do terror, manualidades, merendas terroríficas! Non teño fotos de todos os momentos, de cando foron aos contacontos ás outras clases, nin do túnel do terror, xa que estaba moi oscuro, pero de seguro que vos contarán a súa experiencia. 
Gael, Laura e Ari recibiron o premio a mellor curta trala votación dos nenos e nenas de todo o colexio. Un premio elixido polos seus propios compañeiros/as! Grazas familias pola vosa colaboración.. Podedes ver os vídeos na web do cole. 









































xoves, 27 de outubro de 2022

MAPAS

 En ciencias seguimos co noso traballo de xeografía. Xa levamos preparados bastantes mapas!



Expresión oral: Son experto en...

 

Esta semana rematamos o proxecto de expresión oral " Son experto en..."

Alice é experta en debuxar coa tableta!






Iker é experto en coches de carreiras!



Darío deunos un montón de datos sobre o sistema planetario! Mega experto!




Gael é experto en fútbol 7!



E Xiana, sorprendeu a todos coa súa charla sobre o billar!