xoves, 17 de novembro de 2022

Charla da Nacho, guía de montaña.

 Hoxe tivemos a nosa primeira charla na biblioteca do proxecto do cole para este curso, Cabuxas do Pondal,  Montañas.

Visitounos Nacho, un guía de montaña que desenvolve o seu traballo dende Vigo. Ten moita experiencia na montaña e soubo enganchar aos nenos, mantivo a súa atención con un montón de experiencias e informacións. Os peques puideron facer todas as preguntas que lles ían xurdindo e puideron acercarse un pouco máis a este incrible mundo da montaña. 

Foi unha charla estupenda! Grazas Nacho!














Visitade a súa web para coñecer máis cousas sobre el e coñecer que tipo de actividades organiza:

Podedes ver máis fotos no blog de biblioteca: O Crocaio de Sampaio: Charla de Nacho, guía de montaña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario