venres, 14 de outubro de 2022

MATEMÁTICAS

Se traballades cos peques en casa cos euros, recordade sempre preparar euros por un lado, e céntimos por outro. É o máis importante, así o facemos en clase. 

Os de 2º non traballan aínda cos céntimos (un pouco máis adiante llos incorporarei). 

Por exemplo, se temos que coller 34 euros. Primeiro collen 30 euros. E logo, 4 euros. 
 Para 3º. Se teñen que darme 65,45 euros por exemplo. Primeiro preparan 60 euros; logo 5 euros; xa rematado cos euros pasamos aos céntimos, primeiro 40 céntimos, e logo e céntimos. 

E todo isto hai que facelo con calma. Nós temos moita práctica. Usámolo a diario. Pero eles/as non, e precisan practicar moito e lévalles tempo porque están facendo moito cálculo mental na súa cabeciña.

 Canto máis practican máis se dan conta das diversas formas que poden facer para conseguir unha mesma cantidade. Iso tamén imos traballalo en clase ao longo de todo o curso. Por exemplo, podemos conseguir 20 euros con billete de 20; ou con dous billetes de 10; con 4 billetes de 5; con un billete de 10 e dous de 5 euros; con 20 moedas de 1 euro, etc.... A medida que avance o curso irán adquirindo máis soltura e agora oa principio cústallles moito velo. 





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario